Galicloud - desarrollo web sin límites

Hosting cloud 4 GB

dende 4Gb de espazo
En Galicloud ofrecémosche dende 4 Xigas ata espazo ilimitado de aloxamento na nube para cubrir todas as túas necesidades. Ten sempre os teus arquivos contigo esteas onde esteas e accede a eles dun xeito moi sinxelo e práctico.
aloxamento na nube
Servizo de hosting cloud ou aloxamento na nube baseado nas tecnoloxías máis innovadoras en servidores que medran co teu proxecto ou web, escalando o espazo automáticamente segundo as necesidades de cada momento.
os teus arquivos sempre contigo
Os teus arquivos estarán sempre contigo cando os precises, accede a eles dende calquera dispositivo móbil ou tablet de xeito sinxelo. Garda todo tipo de arquivos de modo seguro e accede a eles dende calquera parte.

Webs escalables

Drupal como servizo
Sitios impulsados por tecnoloxía Drupal 7, probablemente o xestor de contidos máis avanzado do momento. Drupal é un popular CMS usado por entidades tan prestixiosas como a Casa Branca, a NASA, AT&T, Intel, BBC Magazines, Forbes ou Reuters entre moitas outras.
Ampliable sen límites
Ofrecemos webs escalables, isto significa que a túa web está en constante desenrolo e crecemento medrando ao ritmo que o fai o teu negocio. Podes incrementar os módulos e os contidos tanto como precises e actualizar a túa web sempre que queiras con novos módulos. Isto aumenta en gran medida a capacidade de dar servizo e funcionalidade ao teu sitio web.
Máis de 6000 módulos dispoñibles
Podes aumentar o potencial da túa web ata o infinito, tes a túa disposición máis de 6000 módulos para descarga gratuita dende drupal.org, os límites polos ti, podes desenrolar a túa solución, subcontratala, ou encargárnola a nós... tamén desenrolamos calquera módulo de drupal a medida.

100% Autoxestionable

Cambia fotos e textos
Publicar novos contidos na túa web é tan sinxelo ou máis que publicar unha entrada de blog. Traballamos constantemente por mellorar a usabilidade, sen prexuízo de que usuarios avanzados poidan sacar todo o partido de drupal, probablemente o xestor de contidos máis potente do momento.
autoxestionable dende calquera sitio ou dispositivo
Podes administrar a túa web dende calquera sitio ou dispositivo, sen precisar instalar ningún software, soamente precisas dun navegador de internet. Poderás estar ao día, cambiar o teléfono da web en canto saias da oficina do téu proveedor, subir as fotos da feria profesional mentres participas no evento, publicar o teu novo producto en canto te chegue á tenda... ou se prefires, tamén podemos facelo por ti.
Aumenta os teus contidos
O contido é a túa principal arma en internet, aumenta os téus contidos para mellorar o teu posicionamento nos pesquisadores como google e yahoo, e desa forma conseguir máis visitas que se traduzan en máis clientes, e máis ingresos. Demostra que es o número 1 no teu sector.

Personalizable

Elixe o tipo de web que precisas
Tanto se precisas unha web corporativa para ter presencia online, como se precisas un portfolio para amosar os teus traballos e reforzar a túa marca persoal, ou un catálogo online onde amosar os teus productos e recibir feedback dos teus clientes. Galicloud está preparado para todo isto e máis.
Escolle as túas cores
Personaliza as cores, o logo e a disposición da túa web de forma básica sen necesidade de escribir unha liña de código ou modifica a túa plantilla directamente accedendo ao css, incluso podes crear a túa propia plantilla dende cero, ou encargarnos unha plantilla a medida.
Elixe entre moreas de plantillas
Estamos desenrolando constantemente novas plantillas e deseños, e por se fora pouco podes empregar calquera plantilla de drupal 7 das máis de 500 dispoñibles para descarga dende drupal.org. Tamén podes encargarnos a túa plantilla a medida a nós, ou a outra axencia de deseño web coa que traballes.

Multidispositivo

Adáptase a tódos os dispositivos
Pese ao auxe das aplicacións para móbiles, moitas empresas o que realmente precisan é unha web adaptada (de verdade) para smartphone e tablet, posto que o usuario non precisa instalar nada no seu dispositivo e a visualización é idéntica que no caso das apps. Empregamos media-queries de css3 para facer deseños que responden ao dispositivo adaptándose a el.
Compatible con tódos os navegadores
Non importa que navegador empregues, a túa web visualizarase correctamente tanto se os teus clientes usan Mozilla Firefox, Google Chrome, Safari, Opera ou mesmo Internet Explorer. Ademáis, aproveitamos as novas características dos navegadores modernos como html5 e css3 para facer a túa web aínda máis espectacular e que esteas á última.
Adáptase a tódos os petos
A calidade non ten que estar en desacordo co prezo. Podes ter unha web que se consulte dende smarphone tan cómodamente como unha app, por un custe moi inferior, e coa posibilidade de reinvertir no futuro conforme as túas necesidades crezan co teu negocio, aproveitando o desenrolo inicial.